HomeComarca de ChantadaTaboadaTaboada pide aos seus veciños que "limiten ao imprescindible" o uso da...

Taboada pide aos seus veciños que “limiten ao imprescindible” o uso da auga

O alcalde avisa de que, en caso contrario, haberá que cortar a auga por horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Taboada sumouse a outros municipios da provincia de Lugo que tratan de alixeirar o consumo de auga da traída cando non sexa “imprescindible”, neste caso debido ao baixo caudal do río Toldao.

“Estamos bastante mal”, asegura o alcalde, Ramiro Moure, quen explica que este río do que se abastecen vai “cuns niveis moi pequenos”. Por iso, o Consistorio emitiu un bando “para que se use a auga con racionalidade” para non ter que “facer ningún corte”.

No devandito bando recoméndase “que se faga un uso racional da auga e por tanto evitar a rega, o lavado de coches ou o enchido de piscinas en casas particulares”. Atendendo a isto, preténdese evitar “cotar a subministración” por horas e, avanzou Moure, se de momento “vaise mantendo todo isto así”, a subministración podería continuar “normal”.

Finalmente, o rexedor relatou que este fin de semana un camión cisterna trasladouse a un núcleo do municipio aínda que non só foi polo efecto da seca, senón tamén “por unha avaría que houbo nunha das tubaxes” da rede de abastecemento.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...