HomesociedadeO Concello de Chantada estuda pedir a declaración de zona catastrófica polos...

O Concello de Chantada estuda pedir a declaración de zona catastrófica polos danos das intensas choivas

O consistorio analizará esta posibilidade, aínda que avanza que é "difícil".

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Chantada estuda pedir a declaración de Zona Catastrófica ante os “importantes danos” causados polas intensas choivas caídas durante a fin de semana de Noitevella na localidade. O consistorio analizará esta posibilidade, aínda que avanza que é “difícil”.

O alcalde, Manuel Varela, apuntou que “os danos non son só os que ven na prensa, na zona da Alameda, coa inundación que afectou a moitos coches”, se non que tamén houbo danos “cuantiosos” na parroquia de Sariña e no lugar de Pincelo.

“En Pincelo a riada levou un tanque de subministración de auga, abriu unha gabia onde agora se ve unha fervenza de auga, tirou parte dunha casa e a estrada quedou inutilizada”, debullou.

Ademais, puxo o acento en “pequenos danos” que se estenden por todo o municipio. “Hoxe, imos ir o encargado de obras e eu para facer un percorrido por todas estas incidencias”, avanzou. Á vista do acontecido, o rexedor ten claro que o consistorio necesita “todo este mes de xaneiro para liquidar estas cousas”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...