HomeEconomíaDescende o paro en todo o centro sur da provincia no mes...

Descende o paro en todo o centro sur da provincia no mes de xuño

Desde o Sindicato destacan os datos máis significativos en Sarria con 25 parados menos, A Pobra do Brollón con 16 menos e Monforte de Lemos e Chantada con 17 e 19 menos respectivamente. A Secretaría de Acción Sindical valora este mes de xuño como unha das mellores cifras na caída do paro, nos últimos anos, excepto en Triacastela que aumentou.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo congratúlase do importante descenso do paro en Lugo Centro Sur ao caer en 137 persoas, quedando a cifras de parados en 2.548.

Paro na Comarca de Lemos: 1.192 (-57)

  • Bóveda: 38 (-4)
  • Pantón: 68 (-9)
  • Monforte de Lemos: 872 (-17)
  • Sober: 66 (-2)
  • O Saviñao: 104 (-9)
  • A Pobra do Brollón: 44 (-16)

Paro na Comarca de Quiroga: 200 (-14)

  • Folgoso do Courel: 33 (-6)
  • Quiroga: 128 (-8)
  • Ribas de Sil: 39 (=)

Paro na Comarca de Chantada: 461 (-27)

  • Taboada: 79 (-3)
  • Chantada: 333 (-19)
  • Carballedo: 49(-5)

Paro na Comarca de Sarria: 695 (-39)

  • O Incio: 29(-1)
  • Láncara: 75 (-4)
  • Paradela: 17 (-3)
  • O Páramo: 13 (-3)
  • Samos: 21 (-4)
  • Sarria: 529 (-25)
  • Triacastela: 11 (+1)

O sindicato destaca unha vez máis a importancia da reforma laboral, “xa que non só descende o paro se non que vai acompañado dun aumento do emprego indefinido, ademais da maior subida da historia do Salario Mínimo Interprofesional (15.876) euros ano, que favoreceu a máis de 2.700 traballadores de Lugo Centro Sur.”

pau do Tribunal Supremo ao concello de Monforte

CC.OO congratúlase “do pau do Tribunal Supremo ao concello de Monforte polo recurso temerario e sen fundamentos contra a non aplicación do 6’5% ás traballadoras de axuda non fogar”. O sindicato asegura non entender a actuación do alcalde de Monforte, José Tomé, coa presentación do recurso, “cando había unha sentenza gañada por CC.OO ante o Tribunal Superior de Xusticia Galego (T. S.X.G.) cun convenio autonómico a nivel galego en plena vixencia pero o concello de Monforte disparou con pólvora allea e foi condeado a pagar as costas do xuízo (1000 euros máis iva)”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...