HomePolíticaRaquel Arias preguntará no Parlamento polos seguintes pasos na candidatura da Ribeira...

Raquel Arias preguntará no Parlamento polos seguintes pasos na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A deputada do Grupo Popular, Raquel Arias, interésase por coñecer cales son os seguintes pasos que vai dar a Xunta de Galicia en relación coa candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. Este mércores no Parlamento formulará unha pregunta ao titular de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego, José López Campos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular destaca que “a candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta é a proposta conxunta de España para a súa presentación ante a Unesco e optar así a ser recoñecida como Patrimonio Mundial”. Subliña que “tanto o Partido Popular coma Galicia cremos nas posibilidades da Ribeira Sacra, unha das maiores riquezas de España, e por iso se merece este recoñecemento”.

Raquel Arias trasladou o seu recoñecemento ao traballo do equipo técnico redactor e á implicación de tódolos axentes que apoian a candidatura que se está a completar de cara á súa avaliación polos órganos consultivos da Unesco e a súa valoración polo Comité do Patrimonio Mundial no segundo semestre do 2026.

Tras a celebración de diversas reunións sectoriais e veciñais para recoller a información sobre o eido vitivinícola, a hostalería, o turismo e a conservación do medio natural, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou o expediente da candidatura ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, o pasado 20 de setembro en París. Deste xeito, o pasado 26 de setembro os técnicos do Ministerio de Cultura fixeron a entrega da documentación do primeiro expediente, que se completará cunha nova achega en febreiro de 2025.

A candidatura foi posta en marcha pola Xunta de Galicia no ano 2017 e dende entón o Goberno galego ten investido preto de 8M€ na conservación e posta en valor de máis de 40 bens patrimoniais -igrexas, mosteiros, museos, castros ou xacementos romanos, entre outros- deste territorio das provincias de Ourense e Lugo.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...