HomesociedadeÁbrese o proceso de selección dos 100 participantes no Programa Integrado de...

Ábrese o proceso de selección dos 100 participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada

Forman parte deste Programa Integrado de Emprego os concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, Bóveda, Paradela, A Peroxa, Coles, San Cristovo de Cea, Vilamarín, Amoeiro e Chantada que constitúe a cabeceira do mesmo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada inicia a súa actividade ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2024, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicada no DOG 112 do 11 de xuño de 2024; con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e aos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

O obxectivo do PIE é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral das persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, orientación personalizada, información, asesoramento, formación, prospección e intermediación laboral

O número de participantes ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos que integran o programa. Impartiranse 14 accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE; que se completarán se así o desexa o participante, con prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral. A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.

Dende o programa tamén se realiza unha importante labor de intermediación laboral, proporcionando ás persoas participantes un emprego adecuado ás súas características; e á súa vez, facilitando ás empresas que demandan traballadores, persoas idóneas aos seus requirimentos e necesidades, froito dunha prospección previa. O programa espera chegar como mínimo ao 38% de inserción. Na edición 23/24 para a que está previsto celebrar acto de clausura o 11 de novembro ás 13:00h no Auditorio Municipal de Chantada, o 72% dos participantes no Programa conseguiron contrato laboral.

Para a edición do PIE 24/25 abriuse o proceso de selección dos 100 participantes esta semana. As persoas cantidatas son preseleccionadas polo SEPE de Galicia, non obstante se algunha persoa non foi citada e está interesada en formar parte do programa, poderá acudir nas datas e horarios que se sinalan a continuación:

O requisito imprescindible para participar no programa é estar inscritos/as no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección

ÚLTIMAS

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...