HomesociedadePedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

O colectivo Do Courel a Palestina organizou este domingo un roteiro en bicicleta coincidindo coa conmemoración do día da Nakba, palabra palestina que significa "catástrofe" e fai referencia á expulsión do pobo palestino das súas terras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde se iniciou a marcha, e rematou en Ferreirós de Abaixo. Neste mesmo lugar realizouse un acto de conmemoración da Nakba e en prol dos dereitos das persoas palestinas, cun parlamento no que quixeron expresar que “… lembrar a Nakba non é só un exercicio de memoria histórica e recoñecer a súa pemanencia. É un compromiso co presente. É afirmar o dereito do pobo palestino a existir, a resistir e a vivir en liberdade na súa propia terra. É defender o dereito ao retorno das persoas refuxiadas. Dende Do Courel a Palestina defendemos o fin do xenocidio, o fin da ocupación e o fin do apartheid, que, como di Francesca Albanesse, non é máis que aplicar o dereito internacional e, deste xeito, contribuír a paz”.

A marcha ciclista que percorreu o Courel esta fin de semana uniuse a moitas outras que se celebraron en cidades de todo o mundo, como Londres, Seúl ou Santiago de Compostela e que se realizan de forma periódica en apoio do Gaza Sunbirds, o equipo ciclista de amputados que compiten “polo dereito de Palestina a existir’.

Os Gaza Sunbirds son un equipo de paraciclismo con sede na Franxa de Gaza, Palestina. O equipo naceu en 2020 pero en outubro de 2023 ampliou a súa misión para incluír a distribución de axuda, inicialmente entregando asistencia en bicicleta a civís desprazados e feridos. Ata maio de 2025, os Sunbirds distribuíron 450.000 dólares en axuda por toda Gaza. Mentres a maior parte do equipo permanece en Palestina, continuando cos esforzos de axuda e ciclando cando é posible, dous atletas —Alaa al-Dali e Abu Asfour— foron evacuados e están competindo activamente, participando en carreiras internacionais como a Copa do Mundo de Paraciclismo en Ostende, Bélxica, e co próximo obxectivo de clasificarse para os Xogos Paralímpicos de 2028.

Máis aló do seu papel como equipo deportivo competitivo, os Gaza Sunbirds convertéronse nun símbolo de defensa, usando o ciclismo para amplificar as voces dos deportistas con discapacidade e da súa comunidade.

Iniciativa ciclista We Rise / Colectivo do Courel a Palestina

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno recibe na Coruña á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu esta semana á Asociación de...

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...