HomeCulturaO 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas...

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

O Festival do Paradiso regresa co retorno dos poetas afogados e prepara cita para o 23 de maio desde as 19:30h no Ateneo Casino de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto Baamonde de Monforte de Lemos, que o sábado 2 de setembro celebrarían a última edición do Festival do Paradiso. O Festival que sempre se caracterizou polo seu carácter social e asociativo, e a calidade das propostas ademais da súa gratuidade volve asegurando que, “unha das cousas que mantiveron viva a esperanza deste regreso foi o cariño de moitas das persoas que asistían ano si e ano tamén á chamada do noso Paradiso particular”.

Invítannos a esta nova cita co Festival, dous poetas insignes destas terras, Manuel María e Lois Pereiro. O ilustrador monfortino LoisMan recorre aos poetas para achegarnos un cartel que mestura nostalxia e ironía, “nunha imaxe onírica coma dúas pantasmas da cultura que retornan desde o outro lado do Estigia nun pequeno bote, pero parece que algo saiu mal e acaban por quedar atrapados nunha fonte de grandes dimesións. En primeiro plano un numeroso grupo de homes observan a escena atentamente”.

Desde Náufragos do Paradiso aseguran que o instinto mantenos ca curiosidade suficiente como para non afogar de todo, “Porque o Loisón, que bautizou esta entidade sen sabelo, xa coñecía a cara B do Dark Side of The Moon moito antes de que a Artemis II tentase calar sen éxito as voces de terraplanistas e novos inquisidores. Porque o canto do Carro do poeta da Xistral, Manuel María, inda se pode escoitar nos corazóns vellos e novos de máis dun náufrago”.

A xornada do 23 de maio no Ateneo Casino comezará ás 19:30h con Micro Aberto. Ás 21:30h haberá un Descanso para ás 22:30h proxectar a curtametraxe 10 Anos de Paradiso. Posteriormente terán lugar os concertos, actuando ás 22:45h Ünder & Diego Flâneur e ás 00:30h Monoulious DOP

As actividades son gratuítas e invitan a participar “aos nostálxicos, aos vividores, aos frikis que consideran que os froitos da Comarca tamén deben ser desfrutados polos orcos desta nova Mesopotamia, ás mariñeiras e mariñeiros do interior, aos visitantes de dimensións descoñecidas e demáis criaturas. Porque desta volta o Paradiso non pode esperar. Subes a bordo?”.


Imaxe da I edición do Festival do Paradiso. Foto: Náufragos do Paradiso.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello de Sober

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu conta do accidente...

As obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco retomaranse en outubro

A obra conta cun investimento global de 8,3 millóns de euros e permitirá mellorar...

As Pistas de Tenis Municipais de Chantada estrean iluminación led

Esta actuación na que se invisten case 8.000€ de fondos propios supón un importante...

Proxectos musicais do sur de Lugo que optan aos ‘Premios Martín Códax da Música’

Conta atrás para coñecer os gañadores da XIII edición dos Premios Martín Códax da Música con 48...