HomeEconomía20 persoas de Chantada reciben o certicado de profesionalidade da Xunta

20 persoas de Chantada reciben o certicado de profesionalidade da Xunta

O obradoiro de emprego que comparten os concellos de Chantada e Carballedo reformou o antigo centro de saúde da Barrela ademais de outros espazos públicos

Publicado o

- Advertisement -

O pasado mes de setembro, 20 adultos da comarca de Chantada, entraron a formar parte do obradoiro de emprego da Xunta de Galicia.

Os beneficiados, que ó longo destos 9 meses, recibiron formación teórica e práctica en dúas disciplinas; construcción  e conservación e mellora de montes e viveiros, xardíns e centros de xardinería. O curso, que está a piques de rematar, achégalle ós participantes un certificado de profesionalidade válido para todo o Estado Español.

Ó longo dos meses que durou a formación, 15 alumnos reformaron o antigo centro de saúde de Chantada e o entorno do campo de fútbol da Barrela, en Carballedo. Os 5 alumnos restantes, centraron as súas labores en Chantada, onde realizaron diversas labores de xardinería, como no recinto das piscinas, o parque do campo de fútbol Sangoñedo e o paseo, o parque do antigo campo da feira, a avenida de Monforte, Praza de Galicia e o viveiro municipal. Finalmente, tamén traballaron na conservación do monte de San Lucas e nos codos de Belesar.

nova convocatoria

Para o vindeiro mes de setembro xa está programada unha nova convocatoria de este tipo de obradoiros duais. En concreto, a Consellería convocou as axudas para obradoiros duais e específicos para menores de 30 anos. A novidade deste ano e que terán prioridade os obradoiros forestais  e os vinculados ó Camiño de Santiago.

Para este tipo de convocatorias, poden ser promotores os concellos emprendedores, as asociacións de entidades locais e mancomunidades, e no caso de duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexeitadas como asociacións.

 

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...