HomesociedadeA veciñanza de Carballedo denuncia o mal estado das obras en estradas...

A veciñanza de Carballedo denuncia o mal estado das obras en estradas da Deputación

A Plataforma de Asociacións de Veciños de Carballedo manifesta o seu descontento co estado no que está a quedar o arranxo das estradas pertencentes á Vía e Obras da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a plataforma, a maneira en que se están a levar as obras por parte da empresa adxuticataria supón un perigo para a veciñanza.: 

  • Empezáronse as obras sinalizando só unha parte, non o tramo a facer, polo que os do lado contrario atopábaste coa obra de súpeto co correspondente perigro ao frear.
  • A grava queda solta polo que xa supoxo varias roturas de cristais ademáis de introducirse no disco de frenado.
  • No lugar de Castro de Carballedo, tras votar alquitrán, este empezou a descorrer polo núcleo, co perigo que supón para a saúde dos vecños, tanto a nivel respiratorio como a nivel físico. 
  • Se houbese unha tormenta, a plataforma asegura que o alquitrán entraría en moitas casas.

Estes feitos foron denunciados á Garda Civil pola Plataforma veciñal que levantou acta dos mesmos. “Todo isto supón un agravio tanto para os lugares públicos e case un delito medioambiental. A empresa adxudicataria debe reparar estes danos ocasionados en lugares públicos e a Deputación debe pedir responsabilidades á empresa adxudicataria,” conclúen desde a Plataforma.

Desperfectos estradas Carballedo / Plataforma asociacións veciñais Carabelledo

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...