HomesociedadeMáis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis...

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

O Concello de Pantón celebrou un ano máis o seu Desfile de Comparsas e Disfraces que pecha o Entroido na Ribeira Sacra. Máis de 1.500 persoas en 43 comparsas desfilaron desde o CEIP Monte Baliño ata a Praza do Concello e durante o seu percorrido foron seguidos por numerosas persoas que agardaban o seu paso nas rúas da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase con animación musical por parte de Tambukda e a charanga Os Sureños. Ás 16:10 comezaba o Desfile, que durante dúas horas e media percorreu as rúas de Ferreira para rematar na Praza do Concello onde seguiría a música. Alí os participantes desfrutaron dun chocolate quente con biscoito e todos os nenos e nenas que desfilaron recibiron tamén o seu paquete de chuches, dos que se entregaron 600 unidades. Antes de seguir a festa procedíase á lectura dos premios.

xurado composto por representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercía o voto de calidade en caso de empate, valorou o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escena e a música. Así os premios recaeron en:

Comparsas Adultos Grupo A (máis de 10 compoñentes)

  • 3º Premio, El reino de las chuches (150€)
  • 2º Premio, La fraga encantada (200€)
  • 1º Premio, A música saíu da lámpada (300€)

Comparsas Adultos Grupo B (grupos de entre 5 e 9 compoñentes)

  • 3º Premio, Familia Mouse (100€)
  • 2º Premio, Chourizos de Ferreira (125€)
  • 1º Premio, Desconfínate (150€)

Comparsas Adultos Grupo C (individual e parellas entre 1 e 4 compoñentes)

  • 3º Premio, Os australianos visitan Pantón (50€)
  • 2º Premio, Fantasía Animal (75€)
  • 1º Premio, Buzz light year (100€)

Comparsas Infantís de 10 ou máis compoñentes

  • 3º Premio, Circo Estrella (150€)
  • 2º Premio, Os furbiños (160€)
  • 1º Premio, O arrecife de coral do cole de Oural (180€)

Comparsas Infantís de entre 5 e 9 compoñentes

  • 3º Premio, A cuadrilla de Pantón (50€)
  • 2º Premio, Os bombóns de Escairón (75€)
  • 1º Premio, Bico aberto, festa segura (100€)

Infantil Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes

  • 3º Premio, David el gnomo y su mujer (20€)
  • 2º Premio, Granjero busca esposa (40€)
  • 1º Premio, A brigada do bastón (50€)

Todas as comparsas con carroza reciben 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibiron 80€ non acumulables ao premio. Con todo o Concello de Pantón repartiu máis de 5.000€ en premios.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...