HomeComarca de ChantadaCarballedoIdentificado o presunto autor que tirou 12 cranios nunha estrada do Carballedo

Identificado o presunto autor que tirou 12 cranios nunha estrada do Carballedo

O presunto autor foi proposto para sanción por incumprimento da lei de sanidade animal.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil propuxo para sanción ao presunto autor do abandono de 12 cranios de vaca na cuneta da estrada LU-P-1803, no tramo de Vos Pepes a Castro, no municipio lucense de Carballedo.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 12 de decembro foron achados varios cranios de vaca na cuneta dunha estrada ao seu paso polo termo municipal de Carballedo.

“As cabezas localizadas atopábanse despellejadas, sen carrilleras, miolos, nin linguas”, detalla a Benemérita, que engade que polas pezas dentais “pódese determinar que corresponden a especímenes menores de doce meses de idade“.

Por iso, iniciouse unha investigación que levou á localización do matadoiro onde se sacrificaron as reses e “seguindo a cadea de actuación”, engaden as mesmas fontes, logrouse identificar o propietario das reses, o cal recoñeceu a súa autoría en dependencias oficiais.

A Garda Civil destacou que o presunto autor foi proposto para sanción por incumprimento da lei de sanidade animal.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...