Homesociedade5 obradoiros de emprego no sur da provincia permitirán contratar a 120...

5 obradoiros de emprego no sur da provincia permitirán contratar a 120 persoas

A Xunta financiará con 1,4 millóns de euros os 5 obradoiros de emprego que beneficiarán a 14 concellos.

Publicado o

- Advertisement -

Os obradoiros de emprego que se porán en marcha son:

  • Acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela en Monforte para operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción e albanelaría.
  • Sillor V nos concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga para operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción e operacións auxiliares de albanelaría, fábricas e cubertas.
  • Serra do Faro V nos concellos de Chantada e Carballedo para pavimentos e albanelaría de urbanización, actividades auxiliares en viveiros e xardíns e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
  • Baliño2 nos concellos de Pantón, O Saviñao e Sober para montaxe e instalación de construcións de madeira e para atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Ulla-Miño V nos concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín para fábricas de albanelaría e instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes.

A posta en marcha destes obradoiros de emprego permitirá a contratación de 120 persoas, das que un cento serán alumnos e 20 persoal de dirección, monitores e persoal administrativo.

Todos os obradoiros ofertaranse na modalidade dual. Os participantes poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato adicional de polo menos tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo territorio e cunha actividade vinculada á fomación recibida no obradoiro. Polo tanto os beneficiarios disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario mentres participan do obradoiro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou de que neste ano, a totalidade dos programas de fomento da empregabilidade financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria permitiron a contratación de case 1000 persoas na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...