HomesociedadeBuscan un septuaxenario desaparecido en Carballedo

Buscan un septuaxenario desaparecido en Carballedo

O home, segundo fontes do Concello, padece demencia.

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil, voluntariado de Protección Civil e veciñanza buscan desde este luns un home de 79 anos desaparecido na localidade de Carballedo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu o aviso de que este home non regresara ao seu domicilio ao mediodía deste luns.

Nestes momentos, a Garda Civil, que coordina o operativo, continúa a procura deste home en colaboración con voluntariado de Protección Civil e veciñanza.

O operativo céntrase na parroquia de Veascós e, en concreto, no lugar da Raña, onde ten a súa vivenda o desaparecido que, segundo fontes do Concello consultadas por Europa Press, padece demencia.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...