HomesociedadeXunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, "un dos...

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu a Xunta Local de Seguridade en Chantada para coordinar o dispositivo especial con motivo da XLIII Feira do Viño, unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo e vitivinícola da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983, abre cada ano o calendario de feiras do viño na Ribeira Sacra, converténdose nun símbolo da identidade, tradición e orgullo dunha comarca profundamente ligada á cultura vitivinícola. A subdelegada destacou que a Feira do Viño de Chantada “é un verdadeiro motor económico para o municipio e para o conxunto da comarca. Do 6 ao 8 de marzo, milleiros de visitantes achegaranse á localidade para coñecer, degustar e adquirir os viños dunha das denominacións de orixe máis prestixiosas de Galicia, xerando un impacto directo na hostalaría, no comercio local e no sector servizos”.

No encontro analizouse o operativo de seguridade previsto para garantir o correcto desenvolvemento da feira, cunha coordinación estreita entre a Garda Civil, a Policía Local e o resto de administracións implicadas. “O obxectivo é asegurar que a celebración transcorra con normalidade, nun ambiente festivo e seguro tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes”.

A subdelegada destacou a importancia da planificación anticipada e da colaboración institucional para dar resposta a un evento que concentra unha elevada afluencia de público, subliñando o compromiso do Goberno co apoio ás tradicións que fortalecen o tecido económico e social da provincia.

Balance positivo da seguridade no concello

Durante a Xunta Local de Seguridade tamén se fixo balance da situación da seguridade cidadá en Chantada, con datos que reflicten unha evolución positiva, pois no ano 2025 un descenso das infraccións do 9,14 %. Destacou tamén o grao de esclarecemento, situado no 64,5 % “grazas ao traballo permanente da Garda Civil”. Estes datos confirman a boa coordinación das forzas e corpos de seguridade e contribúen a consolidar a percepción de Chantada como un concello seguro.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...