HomesociedadeUn corremento de terra debido ás fortes choivas obriga a cortar a...

Un corremento de terra debido ás fortes choivas obriga a cortar a estrada provincial que leva á presa dos Peares

A estrada provincial LU-P-1010 permanece cortada ao tráfico desde a tarde deste martes.

Publicado o

- Advertisement -

estrada provincial LU-P-1010, que vai cara á presa dos Peares no termo municipal de Carballedo, permanece cortada ao tráfico desde a tarde deste martes tras un desprendemento.

Segundo informa a Deputación de Lugo, trátase da vía que conecta A Touza coa Granxa. A zona sufriu un corremento de terra debido ás fortes choivas dos últimos días.

A institución provincial xa sinalizou o corte da estrada, que da servizo á presa, e está previsto que este mércores arrinquen os traballos para despexar o paso á altura do quilómetro 3,500.

Unha vez conclúan estas actuacións, realizarase a valoración económica e técnica dos danos causados.

ÚLTIMAS

Centeais, na parroquia de Montefurado, ‘revive’ coa celebración da súa festa

Moitas aldeas do sur de Lugo, por desgraza, están en perigo de extinción por...

Hospitalizada unha menor tras caer nunha piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...