HomeSucesosFerida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello...

Ferida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello de Sober

Unha muller de 52 anos, identificada como E.M.C.L., resultou ferida ao colidir unha moto cun vehículo na LU-P-5910, ao seu paso pola parroquia do Arroxo, no concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu conta do accidente arredor das 9.40 horas deste xoves, 21 de maio. Ao lugar desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias 061, así como a Garda Civil de Tráfico.

A muller foi trasladada en ambulancia ao Hospital de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...