HomeTerra de LemossanidadeO consultorio médico de Carballedo, ó Parlamento Galego

O consultorio médico de Carballedo, ó Parlamento Galego

O grupos politicos BNG, PSOE e En Marea levarán ao Parlamento Galego unha iniciativa para solicitar que se manteñan o centro de saúde de A Barrela e o consultorio médico do Castro, no concello de Carballedo

Publicado o

- Advertisement -

O BNG e o PSOE presentarán no próximo pleno da Deputación e ao Parlamento Galego unha iniciativa na que solicitan á Xunta, que manteñan o centro de saúde de A Barrela e o consultorio de Castro co seu correspondente persoal.

O partido Nacionalista considera que o peche do consultorio de castro é o primeiro paso para pechar outros moitos consultorios da zona do interior de Lugo, unha zona rural cada vez máis deteriorada e desprotexida pola administración pública, a pesar de ser esta, unha zona onde a maioría dos seus habitantes son persoas maiores que viven soa.

Os socialistas de Carballedo esixen á Xunta que reabra o centro de saúde de Castro, que pechou nos pasados días obrigando aos veciños a trastradarse a Barrela, cando nin tan sequera contan con transporte público axeitado para acudir ao mesmo.

A agrupación política En Marea presentará unha iniciativa ao Parlamento Galego para pedir explicacións á Xunta polos recortes na atención primaria no Concello de Carballedo e sobre o peche do consultorio de Castro

Desde En Marea, reclaman, unha mellora da dotación humana de atención primaria, ademais dun reforzo en traballadores/ as sociais e psicólogos/ as para así poder resolver estas patoloxías na proximidade e que non fixese falta derivalos á atención especializada.

En Marea, considera que o Sergas coa súa proposta de implantar novas formas de asistencia sanitaria e atención a domicilio nos pacientes crónicos, quere “vender” algo que os profesionais de atención primaria levan facendo desde sempre.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...