HomeMovementos sociaisChantada celebra a súa Noite Aberta do Comercio

Chantada celebra a súa Noite Aberta do Comercio

Nesta edición, participarán un total de 29 establecementos comerciais e ofreceranse importantes descontos aos clientes.

Publicado o

- Advertisement -

O venres día 8 de xuño, un total de 29 establecementos comerciais de Chantada participarán nunha nova edición da Noite Aberta do Comercio.

Dende as 20:00 ata as 24:00 horas, todos os interesados en acudir ós establecementos comerciais adheridos á iniciativa organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada en colaboración con CCA, Concello de Chantada e a Xunta de Galicia, gozarán de descontos en todos os productos.

Os participantes nesta edición son: A tu Vera, Alma Moda&Complementos, Alimentación Catro Camiños, Almacenes La Moda, Axóuxere, Boutique Rodiblán, Calzados Doval, Calzados Marisa Doval, Calzados Pisadas, Calzados y Complementos Luca, Droguería Bolboreta, Gómez Failde, Chiquitines, Deportes Jámex, Gallery, Jimmy, Teresa Feás Centro Óptico, Pekes Moda, Rachel, Tango, Turini, Vértigo, Vilot, Xanela, Zapatería Claqué, Relojería Cuco, Relojería Ángel, Relojería Mario e Eneska.

Este ano, a diferencia das anteriores edicións, a organización tomou a decisión de suspender as actuacións musicais na rúa debido as inclemencias do tempo.

 

 

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...