HomeComarca de ChantadaChantadaUn home de Taboada acepta dous anos de prisión por distribución de...

Un home de Taboada acepta dous anos de prisión por distribución de pornografía infantil

Estaba acusado dun delito continuado de corrupción de menores na súa modalidade de difusión de pornografía infantil con menores de trece anos e outro delito de corrupción de menores na súa modalidade de posesión de material pornográfico parta o seu propio uso.

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño de Taboada acusado de distribución de pornografía infantil aceptou dous anos de prisión despois de que as partes alcanzasen un acordo antes do xuízo fixado para este xoves na Audiencia Provincial.

Os feitos polos que ía ser xulgado remóntanse a 2013, cando a Garda Civil iniciou unha investigación a instancias da embaixada de Estados Unidos onde se constata que se detectou a un grupo de persoas que comparten arquivos pedofilos a través de Facebook. Dentro dese grupo de persoas, máis dun centenar, atopábase este veciño de Taboada, para o que a Fiscalía pedía inicialmente 10 anos de prisión.

O home estaba acusado dun delito continuado de corrupción de menores na súa modalidade de difusión de pornografía infantil con menores de trece anos e outro delito de corrupción de menores na súa modalidade de posesión de material pornográfico parta o seu propio uso. Polo primeiro, a acusación pública requiría nove anos de prisión e polo segundo, un ano.

O avogado do procesado, José Luís Gutiérrez Aranguren, confirmou que o acordo supón “dous anos de prisión e unha multa de 900 euros”. Seguidamente precisou que “se retirou a parte que facía referencia á idade das menores, dado que non hai evidencias que fosen menores de trece anos”.

Así mesmo, tívose en conta “a colaboración do propio acusado no esclarecemento dos feitos investigados, e a dilación indebida de seis anos practicamente”. O condenado a dous anos de prisión non terá que entrar no cárcere. O seu avogado concretou que tiña “o compromiso da Fiscalía de que non vai haber oposición á suspensión da condena”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...