HomeMedio ambiente e PatrimonioO home que disparou á cadela de Chantada acóllese ao seu dereito...

O home que disparou á cadela de Chantada acóllese ao seu dereito a non declarar

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Chantada prohibiu ter armas e animais ao investigado.

Publicado o

- Advertisement -

O veciño de Chantada investigado por disparar unha cadela neste municipio –o animal faleceu días despois debido á gravidade das feridas– acolleuse ao seu dereito a non declarar na comparecencia fixada para este mércores no Xulgado de Instrución número uno desta localidade.

Así o informou Nacho Paunero, presidente da protectora ‘El Refugio’ de Madrid, personada nesta causa como acusación. Paunero exibiu ante o xulgado de Chantada unha fotografía na que se ve ao investigado arrastrando a cadela, segundo se difundiu en redes sociais despois do vídeo gravado por unha testemuña. Tamén levaba posta unha sudadera na que se podía ler o hashtag ‘#NoPuedeSer’.

“Non pode ser que unha persoa saia armada da súa casa e dispare”, engadiu en referencia aos feitos difundidos a través de redes sociais e que o home investigado recoñeceu á Garda Civil, segundo recolle o atestado da Benemérita. Fíxoo, segundo expuxo ante os axentes, porque o animal supuña un “perigo” para os coches.

O presidente desta protectora explicou, así mesmo, que se personaron nesta causa co obxectivo de que “haxa un xuízo” e que é algo que tamén fan noutros lugares de España cando ocorren feitos de malos tratos animais. Ademais, insistiu na necesidade de que se endurezan as penas para este tipo de delitos. Mentres, enxalzou a instrución levada a cabo ata o momento, así como o labor da Garda Civil.

Por outra banda, segundo informou esta protectora, en xaneiro está previsto que declaren as testemuñas presenciais dos feitos e en marzo os axentes da Policía Local que se personaron no lugar, así como o veterinario que atendeu á perrita en primeira instancia. En abril, avanza que o farán os axentes da Garda Civil que tomaron declaración ao autor dos feitos.

AUTO DA XUÍZA

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Chantada prohibiu ter armas e animais ao investigado. Así se recolle no auto no que se establece para o investigado “a privación do dereito á tenencia e porte de armas e do dereito á tenencia de animais”, unhas medidas cautelares que estarán vixentes “durante a instrución do procedemento ou ata que se deixen sen efecto por resolución xudicial”.

A protectora ‘El Refugio’ explica que tanto esta parte como o Ministerio Público solicitaron as medidas cautelares “ante a posibilidade de reincidencia por parte do investigado”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...