HomeSucesosMorre un operario forestal en Chantada tras caerlle unha árbore enriba

Morre un operario forestal en Chantada tras caerlle unha árbore enriba

Outro traballador resultou ferido e tivo que ser evacuado ao HULA.

Publicado o

- Advertisement -

Un operario faleceu na mañá deste luns despois de caerlle encima unha árbore cando realizaba o seu traballo no monte en Sabadelle, na localidade de Chantada. Outro compañeiro seu tamén resultou ferido no mesmo accidente laboral mentres realizaban unha talla. Foi evacuado por persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo informa o 112, recibiuse a chamada de alerta do persoal sanitario sobre as 11:00 horas da mañá. O 112 alertou tamén a Garda Civil, a Policía Local e a Protección Civil.

Tamén foron informados os Bombeiros de Chantada para axudar na evacuación dos accidentados, pois a zona presentaba dificultades de acceso ao persoal médico, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención, concretaron por parte do 112.

Ao lugar, o 061 enviou unha ambulancia, un médico e o helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender os dous pacientes, un dos cales faleceu no sitio do sinistro. O traballador morto, de nacionalidade rumana, tiña 33 anos e era veciño de Chantada. O compañeiro ferido é do concello de Taboada, tamén rumano, e presenta unha rotura nun perna.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...