HomeComarca de ChantadaChantadaCCOO insta á Deputación de Lugo a retirar a subvención a algúns...

CCOO insta á Deputación de Lugo a retirar a subvención a algúns empresarios

Publicado o

- Advertisement -

A secretaría de Acción Sindical de Comisión Obreiras de Lugo insta á Deputación de Lugo á retirada das subvencións emitidas a través do plan de fomento do emprego “Ben Empregado IV”  a todas aquelas empresas lucenses que, de algún xeito, incorren en delitos de explotación laboral.

Dende CCOO ínstase ó organismo emisor das axudas a inspeccionar os feitos e así poder tomar as decisións máis axeitadas con estos empresarios. Os sectores onde máis casos de estos se presentan é na hostelería e pastelería de Chantada onde os empresarios aproveitanse dos cartos recibidos por parte do goberno provincial para pagarlle ós empregados un salario inferior ó que estipula o convenio do sector e pretender deste xeito co empregado “lle saia gratis”. Cabe lembrar o programa de emprego Ben Empregado IV subvencionaba o 50% dos gastos dun traballador ás empresas co demandasen durante o primeiro ano.

Os empregados que entraron a formar parte de personal laboral nas empresas demandante da subvención do Ben Empregado IV deberían de pagar ós traballadores unha media de 1.100 euros mensuais, e sen embargo, e segundo CCO, “moitos deles soamente cobran o salario mínimo interprofesional”.

 

ÚLTIMAS

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...

As Patronais de Monforte foron un éxito “impulsando a economía local e con gran participación nas actividades”, asegura o alcalde

Monforte de Lemos pon o punto final ás súas Festas Patronais cunha valoración...

O Club Lemos gaña o Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

O partido, disputado no estadio municipal de fútbol da Pinguela, enfrontaba o sábado, desde...