HomePolíticaAlgunhas rúas de Chantada semellan a N-540

Algunhas rúas de Chantada semellan a N-540

Publicado o

- Advertisement -

Dende a formación política PSOE-Chantada consideran que as rúas da vila son o fiel reflexo da inacción, falta de iniciativa e desleixo do goberno municipal. 

Na vila, o pavimento da zona rodada e das beirarrúas precisan unha importante mellora, pero tamén comeza a ser necesaria unha renovación das redes de abastecemento e saneamento. Estas infraestruturas posúen unha notable antigüedade pois en gran medida están realizadas con materiais inadecuados, como por exemplo o fibrocemento. Ademais, o 90% das rúas están en mal estado ou presentan un avanzado estado de deterioro.

Desde a súa corporación consideran que esta situación contrasta cos recursos dos que dispón o actual rexedor. Ademais de maquinaria propia da brigada municipal, é destacable a inxección económica por parte da Deputación de Lugo a través do Plan Único. Se a todo isto se lle suman as aportacións da Xunta de Galicia e as inxentes contías que están a ingresar nas arcas municipais a través do IBI dos veciños, fan que sexa inexplicable a sitación de abandono das rúas da vida e dos camiños do ámbito rural.

 

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...

Morre un home atropelado fronte ao hospital de Monforte

Un home morreu este mércores ao sufrir un atropelo en Monforte de Lemos, segundo...