HomeCulturaReflexións sobre o tempo e o lugar no que vivimos

Reflexións sobre o tempo e o lugar no que vivimos

O Casino de Chantada acollerá o día 14 de setembro un encontro con Xosé Constenla Vela e David Rodríguez, autores de dous ensaios que obrigan a reflexionar sobre o territorio que habitamos e sobre o noso aquí e agora como pobo.

Publicado o

- Advertisement -

O ensaio de Xosé Constenla (Compostela 1980, Doutor en Xeografía e Historia, docente en diferentes universidades) titúlase “O colapso territorial en Galiza”, ensaio galardoado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio no ano 2017. O autor visitara Chantada en marzo para falar dos modelos de xestión do territorio, na secuencia da declaración BIC da Ribeira Sacra como paso previo a optar a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Daquel encontro co autor saiu “Os indíxenas imos comer turismo” no que se recollen as alegacións de Por Chantada –  CUP ao expediente de declaración BIC da Ribeira Sacra.

David Rodríguez (Vigo 1975, autor de teatro radiofónico, poemarios e ensaios de carácter político socio-cultural) chega co traballo “O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega”  onde David Rodríguez reflexiona sobre o noso aquí e agora como pobo. Afondando na teima de traballos anteriores nos que ofrece a súa visión da interpretación que o pobo fai dunha realidade cada vez máss cambiante.

Por Chantada – CUP organiza esta actividade para mediados de setembro e nos convida a non ser alleos ao tempo e as circunstancias que vivimos.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...