InicioDeportesChantada quenta motores

Chantada quenta motores

Os día 18 e 19 de agosto celébrase a 45 edición da Subida Chantada que este ano volve ao Campionato de España

Publicado o

- Advertisement -

A proba, de pouco máis de 4 quilómetros, conta este ano con 72 pilotos inscritos dos que 21 veñen de fóra de Galicia. Entre os vehículos participantes haberá 21 fórmulas, 8 vehículos históricos e turismos como o Lamborghini Huracán, co que competirá Fombona.  Agárdase que unhas 10.000 persoas se acheguen a Chantada esta fin de semana, o que fai da cita un importante reclamo turístico. A Deputación é o patrocinador principal desta actividade cunha aportación de 7.000 euros, ademais de ser a primeira administración a nivel nacional que destina axudas para pilotos.

A Subida a Chantada manterá un ano máis o seu percorrido, invariable dende hai 26 edicións, pola estrada LU-533 de Lalín—A Gudiña, para logo incorporarse á estrada Chantada – Monforte, onde comeza a parte máis rápida do percorrido e onde os pilotos poden chegar a acadar os 200km/h. A proba, como ven acontecendo outros anos, aupón cortar a estrada ó tráfico co desvío pola presa de Belesar.

Programa

Sábado 18 de agosto

  • 7:30 horas. Apertura do parque nocturno Vixiado
  • 9:00 horas. Verificación de Vehículos con anomalías
  • 11:00 horas. 2ª Reunión dos Comisarios Deportivos
  • 11:00 horas. Peche de estrada ao tráfico
  • 11:30 horas. Saída dos vehículos do Parque Pechado a Asistencia
  • 12:00 horas. Lista de Aurorizados a tomar parte nos Adestramentos
  • 12:15 horas. Inspección definitiva de seguridade
  • 13:00 horas. Inicio Adestramentos Oficiais 1
  • 15:00 horas. Inicio Adestramentos Oficiais 2
  • 17:00 horas. Inicio Carreira 1
  • 18:00 horas. 3ª Reunión dos Comisarios Deportivos
  • 18:30 horas. Publicación das Clasificacións oficiais da Carreira 1
  • 19:30 horas. Comunicado de Prensa
  • 21:30 horas. Hora límite de entrada no Parque Nocturno Vixiado

Domingo 19 de agosto

  • 7:30 horas. Peche da Estrada ao Tráfico
  • 8:00 horas. Saída dos vehículos do Parque Pechado á Asistencia
  • 8:30 horas. Inspección definitiva de seguridade
  • 9:00 horas. Inicio de Adestramentos Oficiais 3
  • 11:00 horas. Inicio Carreira 2
  • 13:00 horas. Inicio Carreira 3
  • 14:00 horas. 4ª reunión dos Comisarios Deportivos
  • 15:00 horas. Entrega de trofeos
  • 15:45 horas. Roda de prensa-comunicado de prensa
  • 16:00 horas. Publicación das Clasificacións oficiais

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...