HomeMedio ambiente e PatrimonioDándolle forma ao Camiño de Inverno no Monte do Faro

Dándolle forma ao Camiño de Inverno no Monte do Faro

A Xunta destina 20.0000 euros a habilitar unha área de descanso no Monte do Faro, poñendo en valor este enclave polo que transcorre o Camiño de Inverno e que forma parte da Rede Natura 2000.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto que se desenvolve a través da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio enmárcase nun programa de investimentos en concellos incluídos na Rede Natura 2000. O obxectivo deste tipo de actuacións, segundo apuntan deste a Xunta, é conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia ao tempo que se promove a xestión sustentable dos recursos naturais.

Os traballos inclúen a construción dunha varanda perimetral que delimite a área, preto da capela, e un solado de granito; a instalación de catro conxuntos formados por mesas e bancos de pedra, e a plantación de varios carballos e bidos ao redor das mesas para completar o arborado existente. Limparase e acondicionarase a fonte, canalizando as augas, e instalarase un panel interpretativo con contidos sobre o espazo da Rede Natura, o Camiño de Inverno e outros lugares de interese da contorna.

A Consellería do Medio Ambiente financia este proxecto no marco dunha orde de axudas  dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural e as paisaxes agrarias nos espazos protexidos e nas súas área de influencia.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...