InicioCulturaO Folión dos Carros; o único Museo Itinerante Etnográfico

O Folión dos Carros; o único Museo Itinerante Etnográfico

O sábado 25 de agosto, ás 23:00 horas, dará comezo, nas rúas de Chantada, un novo desfile do Folión dos Carros

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Vázquez Regal é o Presidente da Asociación de Amigos do Folión de Chantada dende fai 3 anos. Nado na localidade, dende cativo viviu esta festividade con paixón. E é que para os veciños que coma el están inmersos na súa celebración, o día do desfile do folión, é o máis importante do ano.

Que significa para os chantadinos o Folión dos Carros?

Para nós significa a forma de representar o noso pobo, a nosa identidade. Eu sempre digo que para entendelo, tes que vivilo. Os carroceiros pasamos todo o mes de agosto traballando arduamente para que o día do desfile saia todo perfecto.

Todos os cuartos domingos do mes de agosto se celebra o Folión que, ademais, dan comezo as festas patronais na honra á Virxe do Carme.

Quen son os carroceiros?

Somos os que preparamos os carros. Non só a xente que vai neles o día do desfile, senón todos os veciños de Chantada, que dentro das súas posibilidades, aportan algo para ese día. A colaboración veciñal é máxima. Aquí ninguén gaña nada con isto. Faise todo sen recibir diñeiro a cambio, só por ver saír o carro á rúa.

Como é o proceso de preparar un carro?

Como dixen, cada un aporta o que pode. Cada vez hai menos carros e menos vacas e bois. Hai xente que cede  o seu carro para o desfile desinteresadamente. Hai que arranxalo e engalanalo. Pero non só iso. Todos os meses de agosto, cada grupo de veciños faise cargo dun carro. Un arránxao, o outro aporta un sacho, o outro un fouciño, calquera cousa que sexa necesaria para ese día e que haxa nas casas, todos aportamos o que temos. Por iso sempre digo que carroceiros somos moitos, todos e cada un dos que aportamos, por mínimo que sexa, algo para o día do desfile. Hai que pensar que hai carros nos que participan entre 60 e 70 persoas para a súa preparación.

Cal é a orixe do Folión dos Carros?

Dende fai uns anos para aquí, co tirón que comezou a ter esta celebración, numerosos estudosos, profesores e teólogos, comezaron a reparar na orixe desta tradición. Hai teorías que afirman que ten un vínculo relixioso e outras que afirman que todo comezou como unha mostra dos pobres hacia os ricos das labores que eles facían. Sinceramente, non se sabe con exactitude como foron os comezos do Folión. O que si está documentado é que comezou fai, mínimo,  150 anos. Se con anterioridade se celebraba, pode ser, pero dende logo non está demostrado.

 

Pero o Folión é todo o ano,non?

Ó longo do ano celebramos diferentes actividades relacionadas co Folión. En xullo deste ano celebramos unha xornada informativa a cal acudiron gandeiros e veterinarios onde lle amosábamos como eran tratados os animais no desfile. Temos unha normativa interna moi extricta con este tema. Non queremos que ningún animal se manque nin sexa molestado.

Se ben é certo que todos os anos os animalistas nos critican por usar animais, o que non saben é que temos ata a prohibición de sacar fotos con flash ós animais a menos de 3 metros para non danalos nos ollos. E se vemos que non dan tirado polo carro, sempre lle axudamos a avanzar durante o desfile.

Temos claro que hai que marcar unha pauta que diferencie entre límite e sacrificio.

O Folión soamente está composto por carros e vacas e a ambos temos que mimalos.

Por outra banda, temos unha exposición que se pode visitar no Centro Sociocultural de Chantada ata o 16 de setembro onde se poden ver 200 fotos das que dispón a Asociación sobre o tema e que soamente son a quinta parte de todo o material documental do que dispoñemos. E outra que organizou a Deputación de Lugo que é itinerante.

Que supuxo que no 2002 a Xunta declarase a festa de interese turístico-cultural?

Somos un Museo Itinerante Etnográfico que soamente se pode ver unha vez ó ano onde se mestura identidade, tradición e cultura. Un recoñecemento a todo o traballo feito. Cada vez asiste máis xente ver o Folión pero non creo que só sexa pola declaración da Xunta, senón porque tamén estamos a facer ben o noso traballo.

Que perspectiva tedes para o Folión deste ano?

Moi boa. O ano pasado estivo chovendo ata as cinco da tarde e iso provocou que moita xente non viñera por medo a que seguira chovendo durante a noite. Pero este ano non vai caer auga, polo que supoñemos que teremos unha afluencia masiva de xente. Gústanos que haxa público e que goce do noso traballo pero realmente a nosa motivación é interna. Ben é certo que canta máis xente mellor, pero xa che digo, o ano pasado houbo xente que decidiu non vir e aínda así éramos moitos na vila.

 

 

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...