HomePolíticaCompatibilizar o aproveitamento eléctrico de Belesar con outras actividades, demandan os alcaldes...

Compatibilizar o aproveitamento eléctrico de Belesar con outras actividades, demandan os alcaldes afectados á CHMS

Os rexedores mantiveron unha reunión de traballo coa presidenta provincial do PP, Elena Candia, para analizar as alegacións presentadas polos Concellos fronte á pretensión da Confederación Hidrográfica de "condicionar ou limitar o uso do dominio público hidráulico para garantir a súa explotación racional."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidenta provincial do PP e deputada autonómica, Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo cos alcaldes dos concellos que están afectados polo encoro de Belesar: Portomarín, Pablo Rivas Folgueira; Guntín, María José Gómez; Paradela, José Manuel Mato; O Saviñao, Juan Carlos Armesto Quiroga; Chantada, Manuel Lorenzo Varela; Taboada, Ramiro Moure.

Os populares explican que “a lei faculta, pero non dá un cheque en branco” á administración hidráulica, “máxime cando a orixe deste trámite vén, ao parecer, provocado por unha actuación posiblemente neglixente da concesionaria hidroeléctrica que, aínda que supuxo danos colaterais aos concellos e empresas, deberá ser depurado e tido en conta á hora de avaliar o instrumento legal que se pretende aprobar”.

Os alcaldes avisan de que “a non garantía de caudal de augas suficiente, levaría como consecuencia outro grave dano colateral evitable: non chegar á declaración de Ben Mundial en 2023” da Ribeira Sacra. Os encoros de Belesar e Os Peares conteñen ao río Miño e permiten aproveitar o seu caudal para o desenvolvemento de actividades que xeran valor engadido coma os paseos en catamarán ou as rutas en coche para ver os canóns dende os miradoiros panorámicos que forman parte da paisaxe característica da Ribeira Sacra e que “contribúen ao desenvolvemento sostible da zona”.

Para os populares “isto demostra que non debe o organismo de conca ter en conta só fins de produción enerxética; senón tamén o feito de que os concellos -tras ver asolagados os seus termos municipais, nalgúns casos sen indemnizacións- desenvolven no encoro actividades culturais e recreativas que xeran valor engadido”. Neste sentido, reclaman que “se manteña un nivel de auga estable para poder levar a cabo as actividades”. E lembran que “a navegación non produce dano algún, a diferenza do uso industrial hidroeléctrico, e respecta os hábitats naturais”.

“O plan proposto impediría manter unha lámina adecuada e constante de auga e, polo tanto, suporía unha crise de tal calibre para os concellos afectados que -querendo paliar os danos irreparables na construción do encoro- eliminaría tamén a vida económica e recursos privados e, nalgúns casos, tamén públicos. Cortar iniciativas para diversificar a economía local que dan vida aos maltreitos concellos e aos seus veciños é condenalos a formar parte da España baleirada”, advirten. Os populares reivindican un marco que faga compatible o aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Belesar con outras actividades e cren axeitada a elaboración dun plan director entre as distintas administracións.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...