O accidente, rexistrado ás 21.30, saldouse tamén cunha persoa ferida, a muller ocupante do outro vehículo implicado, que foi evacuada ao centro hospitalario de Monforte.
O sinistro produciuse cando os dous coches bateron de fronte e a vítima mortal quedou atrapada. Por iso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Chantada para liberar ao home, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Chantada, ao lugar do accidente acudiron os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar o falecemento do home e trasladaron ó ocupante do outro turismo para sometela a un recoñecemento médico.
Por outra banda, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración do persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento con fin de retirar os restos que quedaron do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía.