HomesociedadeEste 31 de xaneiro "Refuxio de inverno, viño e calma" na Ruta...

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Baixo o lema "Ruta do Viño Ribeira Sacra; Refuxio de inverno, viño e calma", a Ruta do Viño Ribeira Sacra impulsa unha campaña de promoción para posicionarse como un destino ideal durante os meses de inverno. As primeiras actividades desenvólvense este sábado, 31 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra desde unha perspectiva máis íntima e auténtica, afastada das aglomeracións, favorecendo o contacto coa natureza, o patrimonio e a cultura vitivinícola da zona. 

“O inverno permite descubrir a Ribeira Sacra cunha calma especial, gozar do viño sen présas e conectar co territorio dun xeito máis profundo”. Con esta acción, a Ruta do Viño reforza o seu compromiso coa promoción dun destino que combina tradición, calidade e autenticidade durante todo o ano.

A Ruta do Viño Ribeira Sacra aposta así por desestacionalzar este itinerario enoturístico promovendo experiencias de calidade, como visitas a adegas, catas comentadas, propostas gastronómicas adaptadas á tempada invernal e actividades culturais.

Así, promociona a oferta de calidade que ofrecen as mais de corenta entidades enmarcadas nesta Ruta do Viño Ribeira Sacra (adegas, museos do viño, aloxamentos, restaurantes, elementos patrimoniais, enotecas e entornos naturais), que procuran unha experiencia única para os visitantes e garanten un estándar de calidade.

actividades promocionais

As primeiras actividades desenvolveranse este sábado, 31 de xaneiro, en dúas adegas de referencia na Ruta do Viño da Ribeira Sacra:

 “O inverno que a viña conta” de 10:00h a 14:00h, na adega Vía Romana (Chantada), recentemente recoñecida como Mellor Destino Enoturístico na guía Galicia Report Top 100 2026. Proponse un itinerario inmersivo a través da cultura do viño centrada no inverno con accións participativas, cata de viños especiais, degustación gastronómica de tempada e intervencións musicais.

“Escaparate de sabores e sons” de 17:00h a 21:00h, en Adega Vella (A Teixeira), que ten recibido numerosos recoñementos, destacando os seus viños 1904, 988 Godello e Quitapesares, frecuentemente galardoados pola súa calidade en elaboracións de brancos e tintos en barrica. Neste escaparate de inverno na Ribeira Sacra contarase con visita guiada á adega; cata de viños selección, degustación de gastronomía de inverno e concerto.

INSCRICIÓNS ABERTAS EN ribeirasacradeinverno@gmail.com

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...