HomeCultura"Onde o viño é arte": un repaso artístico a catro décadas da...

“Onde o viño é arte”: un repaso artístico a catro décadas da Feira do Viño de Chantada

A Concellería de Cultura do Concello de Chantada presentou, con motivo da 39º edición da Feira do Viño, o libro: “Onde o viño é arte, catro décadas de feira do Viño en Chantada”. Nel atoparanse os carteis de todas as edicións e unha escolma de textos e ilustracións relacionadas con esta celebración.

Publicado o

- Advertisement -

Aproveitando a celebración da Feira do Viño, o Concello de Chantada vén de presentar o libro “Onde o viño é arte, catro décadas de feira do Viño en Chantada”. Esta publicación pretende ser un recoñecemento a todas as persoas que impulsaron e organizaron do evento nun ou noutro momento durante 39 anos. Nela recóllense os carteis de todas as edicións celebradas e unha escolma de textos e ilustracións publicados no contexto desta celebración.

O libro inclúe os 39 carteis de todas as edicións da Feira do Viño desde 1983 ata 2022, sendo estas obras gráficas unha boa forma de expresar a importancia que ten o cultivo das vides en Chantada. Entre os autores dos carteis atópanse artistas, relacionados coa vila dun ou doutro xeito, como: Lomarti, Pérez Alaez, Ánxel Gómez Montero, Antonio Yebra de Ares, Chus Vázquez, Laura Cortés, Julio Quijada, Suso Talento ou Xosé Randolfe Vilariño.

O título da obra homenaxe aos anos de celebración da Feira do Viño é unha adaptación do lema utilizado nas primeiras edicións do evento: “Chantada, onde o viño é arte”. Estas palabras amosan a filosofía que guiou aos primeiros promotores dunha festa dedicada á viticultura en Chantada.

Ademais de catelería, o libro inclúe unha escolma de textos de Ánxel Gómez Montero, Xulio de Abral, Avelino Seijas, Javier Méndez Otero, Amelia Ledo, Ramón Rodríguez Porto, Xosé Lois Ripalda ou Alfredo Pardo, entre outros autores e autoras. Estes textos foron publicados no contexto da Feira do Viño, especialmente nas décadas de 1980 e 1990, aínda que tamén se pode atopar no libro algún texto máis recente.

Completan o libro ilustracións de Lucía Lobelle, Jon González e Alejandro García que acompañan unha pequena escolma de ditos tradicionais sobre o viño.

O libro xunto con dous carteis da Feira do Viño (sobre o primeiro e sobre o actual). Foto: Concello de Chantada

MEMORIA ARTÍSTICA DA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA

A obra presentouse o pasado martes 31 de maio na Casa da Cultura de Chantada e recolle a memoria artística de case 40 anos de celebración da Feira do Viño. En palabras do concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, “faise así pública unha compilación de carteis, textos e narracións orais sobre a cultura do viño que deben ser coñecidos e recoñecidos novamente”.

Diéguez aproveitou o acto tamén para agradecer a colaboración de todas as persoas que participaron na elaboración do libro, especialmente a Xavier Viana, Segundo Navaza e Martín Varela.

A edición desta publicación está financiada integramente polo Concello de Chantada e estará dispoñible no stand de turismo do concello, situado na entrada principal da carpa principal desta XXXIX edición da Feira do Viño.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...