HomeComarca de ChantadaChantadaMercar en Chantada ten premio: quince días de campamento urbano

Mercar en Chantada ten premio: quince días de campamento urbano

Unha orixinal iniciativa de dinamización do comercio local fai posible trocar pasaportes acreditativos de compras por estancias en campamentos para os cativos e cativas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresarios de Chantada e Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra impulsa unha curiosa campaña para incentivar o comercio local bautizada como ‘Pekechan’.

As persoas interesadas en enviar aos seus cativos e/ou cativas de entre 6 e 12 anos a uns campamentos urbanos deberán solicitar un pasaporte pasando pola oficina da asociación –Praza de Galicia S/N 1º andar– chamando aos teléfonos  680.645.124 / 982.46.20.94 ou tamén enviando un email a xerencia@ccaribeirasacra.com

Unha vez teñan o pasaporte, deberán realizar 10 compras noutros tantos establecementos asociados, que estarán debidamente identificados co cartel da campaña, por importe mínimo de 10 euros. O comerciante selará o pasaporte unha vez finalizada cada compra e o obxectivo dos participantes será completar o devandito cartón cos 10 selos para entregar a continuación na sede da entidade.

Os devanditos pasaportes debidamente selados deberán entregarse antes do 29 de xullo para optar ás prazas nos campamentos ‘Pekechán’. Estas prazas son limitadas e cubriranse por rigoroso orde de entrada.

ACTIVIDADES DOS CAMPAMENTOS

As actividades desenvolveranse en dúas quendas, do 1 ao 5 de agosto e do 8 ao 12 de agosto; e o horario será das 10:00 ás 14:00 h.

No Campamento Pekechán desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Dinámicas de presentación
  • Dinámicas de distensión
  • Dinámicas de comunicación
  • Dinámicas de cooperación
  • Dinámicas de autocoñecemento
  • Visionado de películas e series
  • Actividades en inglés
  • Actividades con material de refugallo
  • Xogos

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia-Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...