HomeComarca de ChantadaChantada'Día do neno' en Chantada

‘Día do neno’ en Chantada

Será o 9 de setembro e está organizado pola Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro venres, 9 de setembro, o comercio asociado de Chantada celebra o “Día do neno” no parque Eloísa Rivadulla entre as 16:30 e as 20:00 h. Será unha xornada na que os protagonistas serán os máis pequenos da casa e como agasallo de motivación para a volta ao colexio.

Durante case catro horas poderán gozar de inchables, obradoiros de cociña, música… e tamén haberá carriños con lambetadas. Unha tarde espectacular!

Para poder acceder a este amplo abano de actividades de lecer e entretemento cómpre presentar un ticket de compra dos días 7 e 9 de setembro por importe mínimo de 10 euros nalgún dos establecementos asociados.

Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e conta coa colaboración do Concello de Chantada.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...