HomeSucesosFerido o condutor dun camión en Chantada nun accidente

Ferido o condutor dun camión en Chantada nun accidente

Un particular deu a voz de alarma.

Publicado o

- Advertisement -

Os bombeiros liberaron a un condutor tras quedar atrapado no interior dun camión que conducía e co que envorcou en Chantada. O home resultou ferido e, tras ser liberado, foi evacuado polos servizos sanitarios.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros para evacuar ao ferido, que non era capaz, segundo informa o 112, de abandonar o vehículo polos seus propios medios. Os feitos tiveron lugar ás 8,10 horas deste xoves, na estrada que une Taboada con Lalín, na LUP-6001.

Un particular foi quen deu a voz de alarma e, a partir de aí, activouse un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Chantada, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e membros de Protección Civil da localidade.

Os equipos de intervención traballan en restablecer na maior brevidade posible as condicións de seguridade da vía.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...