HomeCulturaOutubro de música, cultura e fotografía en Chantada

Outubro de música, cultura e fotografía en Chantada

O concello de Chantada terá un mes de outubro adicado á bibliteca e durante todos os sábados deste mes celebrarase o IV Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo con concertos no auditorio municipal de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Os sábados de outubro teñen como protagonista a música no concello de Chantada. Despois do concerto o pasado día 6 do Cuarteto Skirion, o turno o vindeiro sábado día 13 é para a Banda Ateneo Musical de Negreira. O sábado 20 actuará o Cuarteto Tetramorph e o sábado 27 a Banda de Chantada. Todas as citas son no auditorio municipal a partir das 19.30 e de balde.

E na biblioteca municipal de Chantada celebrarase os xoves 11 e 25 deste mes a Hora do conto. As actividades serán a a partir das 17.00 h. e contarán coa escritora e ilustradora Estefanía Padullés, como convidada que se encargará de desenvolver obradoiros de ilustración cos rapaces participantes que deben de ser maiores de 5 anos.

Xa o día 27 ás 12.00 o mago Paco ofrecerá un espectáculo para os nenos. Estas actividades están organizadas pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler conta moito, subvencionado pola Consellería de Cultura e o Concello de Chantada.

E na casa da cultura pódese ver a exposición Falando en prata VII, mostra de fotografía actual con medios tradicionais, sen ningún tipo de tratamento dixital. A exposición organizada polo Ateneo de Ourense pódese ser visitada en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, de luns a venres e os sábados de 11.00 a 14.00.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...