HomesociedadeArde unha vivenda en Chantada sen que se produzan feridos

Arde unha vivenda en Chantada sen que se produzan feridos

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio causou ese martes importantes danos nunha vivenda do municipio lugués de Chantada pero saldouse sen persoas feridas.

O lume, declarado ao redor das 10,40 horas deste martes nun inmoble de Santo Estevo, na parroquia de San Salvador de Asma, foi sufocado polos bombeiros unha hora despois da súa chegada ao lugar. O único ocupante que se atopaba na vivenda foi axudado por axentes da Policía Local a abandonar a casa, onde ardeu o piso superior no que había almacenada maquinaria e ferramentas.

ÚLTIMAS

Segredos de Pantón organiza unha andaina cultural

A asociación cultural Segredos de Pantón anuncia unha nova actividade para comezos de decembro....

Ata o 30 de novembro pódese participar no Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo

A campaña desenvólve ata o 30 de novembro, polo que a cidadanía aínda está...

Por Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

Por Chantada vén realizando distintas xestións para coñecer con maior precisión a situación da...

Cita co Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia en Monforte e Ribas de Sil esta fin de semana

A casa do concello de Ribas de Sil acolle este sábado, 28 de novembro,...