HomeComarca de ChantadaChantadaA CHMS limpa as marxes do río Asma no seu tramo por...

A CHMS limpa as marxes do río Asma no seu tramo por Chantada para evitar inundacións

Nunha inspección previa observouse a necesidade de mellorar a capacidade hidráulica da canle e a composición da vexetación de ribeira, ademais de detectar a presenza abundante de madeira e tapóns illados ao longo de todo o tramo urbano.

Publicado o

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, traballa na limpeza de canle e marxes do río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada.

En concreto, segundo informou a confederación, acondicionaranse 1,6 quilómetros de canle urbana co obxectivo de evitar inundacións e avenidas, unha actuación na que se investirán máis de 24.000 euros.

Na inspección previa observouse a necesidade de mellorar a capacidade hidráulica da canle e a composición da vexetación de ribeira, ademais de detectar a presenza abundante de madeira e tapóns illados ao longo de todo o tramo urbano.

Por iso, procederase á retirada de árbores secas, enfermos ou con estabilidade comprometida que presentan perigo de caída á canle e poden afectar a infraestruturas próximas. Tamén se realizarán rozas selectivas da vexetación de ribeira e retiraranse os residuos adoitados urbanos presentes na canle.

Os traballos execútanse de forma manual na canle e con apoio de maquinaria desde fóra da canle, utilizando cabrestante desde un punto fixo situado na beira.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...