HomeComarca de ChantadaChantadaChantada vístese desde o 4 de decembro cun Nadal sostible e representativo...

Chantada vístese desde o 4 de decembro cun Nadal sostible e representativo da historia da vila

O Concello de Chantada apura nestes días os preparativos para a decoración de Nadal. Hai uns anos que desde o Concello se traballa para ofrecer, por estas datas, a mellor imaxe da vila, a través dunha decoración sostible con material reutilizado e recreando aspectos da tradición de Chantada e das súas xentes.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A iluminación e decoración de Nadal, elaborada polo equipo de Parques e Xardíns, quedará inaugurada na tarde deste luns, 4 de decembro,  e ata o 8 de xaneiro encherá de fantasía e ledicia as prazas e rúas de Chantada para contaxiar o espírito do Nadal entre veciños e visitantes e dinamizar comercio e hostalería.

“Se recentemente acabamos de revalidarnos como Vila en Flor pola xestión que facemos dos nosos espazos verdes e urbanos, cun plantexamento no que priorizamos o medio ambiente, a decoración deste Nadal dará boa mostra da atención que prestamos á reutilización de materiais e o valor que lle damos á nosa historia, á nosa tradición e ao noso día a día”, sinala o alcalde, Manuel Lorenzo Varela

A proposta decorativa segue a ser eminentemente artesanal, pero este ano presenta novidades e unha iluminación renovada e ampliada. Na Praza do Cantón contarase co Poboado de Nadal no que se combinan elementos da vida no rural e na zona urbana sen esquecer o aspecto festivo destas datas. Esta montaxe incorpora a casiña de Papá Noel para que a poidan visitar as/os máis pequenas/os da casa.

Decoración Nadal Chantada preparativos 2023 / Concello de Chantada

Tamén como novidade, este ano, colocarase na praza de Santa Ana unha zorra (trineo) con iluminación que encherá de luz o espazo e será un bo fondo para as fotografías de recordo. Ademais, a árbore que se colocaba na Praza do Cantón trasládase á Praza de Galicia. Coa iluminación téntase levar algún arco de luces a cada rúa, facendo un esforzo especial na iluminación das rúas peonís.

Desde o Concello de Chantada animan a visitar a vila nestes días “para coñecer as novas propostas decorativas, a capacidade creativa do equipo encargado e as sorpresas que levarán a veciños e visitantes por algúns dos aspectos máis entrañables da vida en Chantada”, como destaca o alcalde.

Decoración Nadal Chantada preparativos 2023 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...