HomeComarca de ChantadaChantadaFerido un motorista nunha caída en Chantada

Ferido un motorista nunha caída en Chantada

Un particular alertou do acontecido antes das 16,30 horas.

Publicado o

- Advertisement -

Un motorista resultou ferido nunha caída na estrada LU-P-1809, ao seu paso pola parroquia de Mairiz, pertencente ao concello de Chantada. Segundo informa o 112 Galicia, uns minutos antes das 16,30 horas, un particular alertou de que un motorista caera ao chan mentres conducía o seu vehículo.

O 112 Galicia solicitou a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto para o seu posterior traslado ao hospital.

Deste accidente tamén foron informados os Bombeiros de Chantada, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Chantada.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...