HomeComarca de ChantadaChantadaII Festival de Charangas en Chantada

II Festival de Charangas en Chantada

Será este 11 de maio e a xornada comezará a partir das 12:30 h. Catro serán as formacións musicais participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita comezaba a celebrarse o ano pasado durante a Semana Santa e foi todo un éxito, polo que se decidía manter a proposta. A climatoloxía da Semana Santa deste ano fixo que a cita festiva tivese que aprazarse e celebrarase finalmente este 11 de maio.

A axenda da xornada comeza ás 12.30h co concerto de André Phmollo na rúa Leonardo Rodríguez para animar a sesión vermú. Xa pola tarde desde as 19:00 h. actuarán polas rúas da vila as charangas participantes para rematar ás 23.00h. con concerto de todas as formación na Praza do Pavillón Municipal.

O concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, destaca a intención de manter esta celebración aumentando cada ano o número de charangas que acoden a Chantada e non descartan no futuro manter a celebración en maio para garantir a boa climatoloxía. En palabras súas: “o Festival xorde de conversas coa charanga local que propuxo este tipo de actividade. Comezamos o ano pasado e resultou moi ben, daquela foron 3 charangas, este ano contamos con catro das mellores charangas de Galicia nos seus diferentes estilos, e nos vindeiros anos seguiremos aumentando, buscando sempre as mellores propostas para dinamizar a vida cultural de Chantada e ofrecer alternativas festivas para maiores e mocidade”.

Este ano as charangas que amenizarán Chantada son Louband, Union Phenosa, Bicoia e Fuego Street Band. Louband comezará o seu percorrido na Avenida de Monforte, á altura dos centros de ensino; Bicoia farao desde a Praza do Pavillón Municipal incluíndo cara o final do percorrido espectáculos de baile; e Fuego Street Band dará comezo á súa actuación na rúa Ribeira Sacra. Xa pola noite na Praza do Pavillón Municipal comezarase con Fuego Street Band e cara as 3.00h Unión Phenosa iniciará o peche de festa.

“O Festival que celebramos o ano pasado foi marabilloso. Co Festival amenízase a ruta do bares e dáselle vida á hostalaría e aos negocios, ademais de ampliar a oferta festiva e nocturna da mocidade con alternativas que tamén farán que os maiores boten máis dunha peza”, conclúe Manuel Diéguez.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...