HomeCulturaExposición de Javier V. Guillot, un dos mellores acuarelistas de Galicia, na...

Exposición de Javier V. Guillot, un dos mellores acuarelistas de Galicia, na Casa da Cultura de Chantada

A obra de Guillot xa estivo no Auditorio Municipal de Chantada no 2020 e recentemente no Círculo Cultural e Recreativo de Chantada. Nesta ocasión atopámonos con 24 pezas onde predominan os peregrinos, “pareceume ideal traer parte dos seus peregrinos á Casa da Cultura pola que que pasa o Camiño de Inverno a Santiago”, asegura Esperanza Cota, viúva do artista que desde hai anos vive en Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 31 deste mes unha exposición do pintor e acuarelista, Javier V. Guillot. A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 9:00h. a 15:00h. e de 16:00h. a 18:00h. Os sábados, domingos e festivos o horario de visita é de 10:00h. a 14:00h.

Javier V. Guillot está considerado coma un dos mellores acuarelistas de Galicia e dos primeiros de Europa. Na Casa da Cultura de Chantada pódese gozar das distintas facetas da obra do artista, óleo, acuarela, debuxo, técnica mixta,… “O colorido de Guillot é rico e variado e sempre mantido dentro da tónica da delicadeza máis lixeira e sutil e gaña baixo os efectos dunha certeiramente estudada luz, xogando maxistralmente co grato absterse, respectar os brancos que a difícil técnica da acuarela esixe nesta arte mental de previsión”, apuntou José Trapero Pardo, que fora cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega.

Exposición Guillot na Casa da Cultura de Chantada / Concello de Chantada

Aínda que cultivou practicamente todas as técnicas de pintura, Varela Guillot é fundamentalmente un consumado acuarelista, cun estilo propio e inconfundible, aínda que os seus debuxos ao pastel son tamén dunha calidade extraordinaria. Ten unha enorme produción pictórica e a súa obra atópase repartida por todo o mundo, tanto en coleccións particulares como en diversos organismos oficiais, recibindo sempre eloxios da crítica e o favor do público. As obras que están a exposición na Casa da Cultura de Chantada pódense adquirir por prezos que oscilan entre os 300-400€ e os 5.000€.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...