HomeDeportes30 anos das Escolas Deportivas Municipais Concello de Chantada cunha ampla proposta...

30 anos das Escolas Deportivas Municipais Concello de Chantada cunha ampla proposta de actividades

Ata o 31 de outubro está aberto o prazo de inscrición e as clases comezarán o luns, 16 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Deportes, organiza un ano máis as Escolas Deportivas Municipais Concello de Chantada que se veñen desenvolvendo desde 1994, polo que neste ano celebran o 30 aniversario. O prazo para inscribirse nas actividades estará aberto ata o 31 de outubro. A partires desta data poderán facerse inscricións novas, pero non se poderá asistir ás clases ata presentar o xustificante de pago da actividade.

Desde o Concello de Chantada ofrécense propostas para preescolar, nenos e nenas de 4 anos en adiante e adultos/as; sendo necesario un mínimo de 10 persoas por modalidade e podendo inscribirse en ata 3 actividades por persoa conforme á seguinte oferta:

  • Para nenos e nenas de preescolar con 4 e 5 anos contarase con psicomotricidade, multideporte e ximasia rítmica.
  • Nenas e nenos: Fútbol sala, Fútbol 11 infantil, Escola de porteiros, Baloncesto coa colaboración do Club de Baloncesto de Chantada, Tenis, Pádel, Tenis de mesa, Bádminton, Natación, Patinaxe, Patinaxe 2º ano, Patinaxe artística, Bailes de salón e  Ximnasia rítmica. Os/as máis novos/as da casa contarán con novidades nesta edición como: Fútbol 8 alevín, amplíase a nenos e nenas nados no 2015, os que neste 2024 fagan 9 anos; Voleibol, impartido por un club de volei de Monforte de Lemos e Atletismo cros. 
  • A oferta de actividades para adultos/as é a seguinte: Fútbol sala, Fútbol 11 veteranos, Ximnasia, Ximnasia suave e relaxación, Educación física/cardio, Sendeirismo, Tenis, Bádminton e Bailes de salón. Para esta franxa de idade cóntase cunha novidade, o combinado de actividades, Pickleball.

As clases desenvolveranse no Pavillón Deportivo Municipal, nos pavillóns dos Centros de Ensino da vila, no Estadio Municipal do Sangoñedo e na Piscina Climatizada, comezando o luns, 16 de setembro, e desenvolvéndose propostas todos os días ata que remate o curso escolar.

As actividades deportivas para maiores desenvolveranse principalmente a partir das 10:00h e das 20:00, mentres que as destinadas a rapaces e rapazas terán lugar principalmente polas tardes.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca o éxito das Escolas Deportivas Municipais despois de 30 anos, coa participación de 574 persoas o ano pasado, Ofrecemos máis de 20 disciplinas para promover hábitos saudables e axudar á formación integral, a través de actividades que fomentan as relacións e o respecto polos valores deportivos. Cada ano procuramos incluír propostas novas e ofrecer deportes adaptados para persoas con necesidades especiais”.

A folla de inscrición nas diferentes modalidades, que se pode descargar na web, presentarasena Oficina de Recadación ou na Oficina do Pavillón Polideportivo Municipal, neste último, en horario de luns a mércores de 20:15 a 21:15, con pagos mediante TPV.

O Concello de Chantada permite a inscrición de nenos e adultos doutros concellos sen custe adicional e nas mesmas condicións que as persoas residentes en Chantada.

Existe unha cota única de 70€ coa que cada persoa ten dereito a inscribirse en 3 actividades deportivas, establecéndose descontos para familias numerosas, IPREM e persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...