HomePolíticaPor Chantada contra as liquidacións retroactivas da taxa de recollida do lixo...

Por Chantada contra as liquidacións retroactivas da taxa de recollida do lixo no rural

Por Chantada - Interior Galego Vivo presentou recurso potestativo de reposición contra a resolución de alcaldía 880/2024 de 24 de setembro que aproba as liquidacións retroactivas da taxa de recollida do lixo dos exercicios 2021, 2022 e 2023 por valor de 225.625,30 euros,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tamén presentou recurso contra todas as comunicaciós individuais aos contribuintes por graves defeitos de forma e o acordo plenario 2º de 10 de outubro de 2024 por entendelo non axustado a direito (co número de rexistro 2024-E-RE-1601).

Entre outras cuestións expostas no recurso, maniféstase que non se cumpriu durante anos a ordenanza do ano 2013 e tampouco a emisión cada 6 meses dun recibo no rural como recollía a ordenanza e que “non procede enviar agora tres anualidades de golpe, retroactivamente e coincidindo cos cobros da contribución (IBI)”.

Consideran que a retroactividade só ten afán recadatorio e que é a antesala dunha suba do recibo do lixo nos vindeiros anos “cando o servizo é totalmente deficiente con colectores en mal estado e sen posibilidade de separar nas parroquias”.

Por Chantada asegura que “o acordo de cesión das competencias recadatorias na Deputación tampouco nos convence porque non se aprobou a súa publicación no BOP e no DOG, circunstancia esixida na Base 11.3 do convenio para que as modificacións entren en vigor, sen aclarar tampouco se se cede a vía executiva e ou tamén a voluntaria”.

Acusan ao PP de gobernar de costas ao rural, “que segue sen servizos básicos como sumidoiros, traídas ou colectores para separar o lixo, e pretende recadar 225.625,30 euros que se suman ao Catastrazo“. Lembran que “os predios no rural están pagando taxas polo IBI urbano que non se corresponden co valor real tendo en conta o crecente despoboamento, pasando agora a pagar polo lixo sen ter un servizo digno de recollida, separación e limpeza e sen esquecermos o feito de que hai bonificacións para ICIO no Polígono ou no Casco Antigo, mais non nas aldeas ou para os establos”. A este respecto Por Chantada lamenta que o PP non aprobe estas bonificacións para o sector primario ou que non estableza outras para persoas en situación de vulnerabilidade, familias numerosas ou primeiras vivendas, como si acontece noutros concellos.

ÚLTIMAS

A Virxe dos Remedios da Ermida con novo enxoval custodiará o solideo que o Papa Francisco lle dedicou

Coincidindo coa inauguración do Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas, tivo lugar en...

13 iniciativas do sur da provincia lideradas por mulleres contan con axudas do programa EMEGA

A Consellería de Política Social e Igualdade concede estas axudas para fomentar a posta...

Antía Yáñez presenta “O clan das barbies” este 13 de decembro na libraría Agrasar de Monforte

Dende os seus inicios, a libraría Agrasar aposta por convertirse nun espacio destacado para...

Exitoso concurso de Tapas da Pobra do Brollón: preto de 2000 pinchos vendidos

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia, encontro co 'tapeo' que organizaba o Concello...