HomeDeportesO II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar comeza en Chantada...

O II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar comeza en Chantada este 2 de febreiro

Este II Circuíto destínase a nenos/as nados/as entre o 2010 e o 2019. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través das webs dos concellos, nas escolas deportivas e cos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes. A participación inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar do programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, XOGADE, ábrese o domingo, 2 de febreiro, en Chantada. Nesta edición participan 8 concellos, e despois de comezar en Chantada seguirase o seguinte calendario:

  • Friol, 9 de febreiro
  • Pantón, 23 de febreiro
  • O Saviñao, 16 de marzo
  • Sober, 23 de marzo
  • Carballedo, 6 de abril
  • Taboada, 20 de abril
  • Portomarín, 4 de maio

“Con este tipo de actividades queremos motivar a nenas e nenos a que practiquen deporte. Tentamos incentivar que non sexa un concurso competitivo así que entregaranse medallas a todos/as os/as participantes. O encontro con corredores de concellos veciños é tamén unha posta en valor dos nosos territorios”, explica Belén Vázquez Caseiro, concelleira de Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Chantada. Para quen participe en 6 carreiras ou máis si se establecerán primeiro, segundo e terceiro posto, nas distintas categorías feminina e masculina do circuíto total a través de XOGADE.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...