HomeSucesosFerido un traballador en Chantada por un golpe cun saco bigbag

Ferido un traballador en Chantada por un golpe cun saco bigbag

Segundo informou o 112, o home estaba consciente pero presentaba unha ferida sanguenta na cabeza e apenas movía o brazo.

Publicado o

- Advertisement -

Un traballador resultou ferido este martes no municipio lucense de Chantada tras golpearse cun saco tipo bigbag. Tivo que ser trasladado en helicóptero.

Un compañeiro do ferido solicitou axuda a través do 112 Galcia ao redor das 11.30 horas. Indicou que estaban a cargar un palé á beira da LUP-1002, en Carballizos, Chantada, cando o operario foi golpeado por un saco tipo bigbag de gran peso.

Ao momento sinalado polo alertador, acudiron os equipos de emerxencias e seguridade, isto é, voluntarios de Protección Civil de Chantada e Policía Local, e a dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Despois de recibir os primeiros coidados, o ferido foi trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia en Ourense.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...