Co obxectivo de seguir mellorando esta infraestrutura o Concello de Chantada está xestionando coa CHMS, Confederación Hidrográfica Miño Sil, o cambio da tubaxe que vai ao manantial. O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, explica que, “as tubaxes desta fonte son moi antigas e prodúcense arrastres que poden afectar á calidade da auga. Renovamos a estrutura exterior porque a veciñanza viña demandando unha mellora e agora estamos cos trámites coa Confederación para co cambio de tubaxe, mellorar a calidade da auga”.
Nese ánimo, a concellaría traballa tamén nun plan de análise da auga que garanta un control exhaustivo das fontes máis utilizadas. O alcalde asegura, que ademais de mellorar este tipo de servizos, se busca conservar tamén os elementos patrimoniais que levan asociados, tanto no medio rural como na capitalidade municipal, “No casco urbano renovouse a Fonte da Portada e o Lavadoiro de Zaquín, estamos facendo o mesmo nas parroquias, utilizando as subvencións para a conservación de lavadoiros, e botando man doutras axudas ou fondos propios para seguir dándolles vida a estas infraestruturas”.

