HomesociedadeChantada quere Sanidade denuncia o colapso do centro de saúde "con 2...

Chantada quere Sanidade denuncia o colapso do centro de saúde “con 2 médicos para 8.000 persoas”

Segundo a plataforma vecinal no centro de saúde de Chantada hai na actualidade "dous médicos de atención primaria para atender ás máis de 8.000 persoas da comarca. A previsión é que esta situación se prolongue durante todo o mes de decembro, un período especialmente crítico polos picos de demanda asistencial propios do inverno".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Chantada quere Sanidade denuncia que “a falta de previsión e unha xestión deficiente por parte das administracións deixan unha vez máis á veciñanza desasistida, mentres os profesionais soportan unha presión laboral extrema e os usuarios padecen demoras intolerábeis”.

Segundo a plataforma isto compróbase na axenda de citas, cando se abre o calendario de reserva dalgúns facultativos os tempos de espera chegan ata os 20 días, “deixando aos doentes sen ferramentas para resolver problemas de saúde que a atención primaria debería solucionar nun prazo breve”.

Apuntan como factores principais desta crise, a non cobertura das baixas e das vacacións do persoal médico, “As ausencias cúbrense de xeito alterno con profesionais alleos ao centro, sen continuidade asistencial e sen asumir tarefas esenciais como a atención domiciliaria. Isto provoca que moitos pacientes fiquen sen atención ou que recaia unha carga desproporcionada sobre os poucos profesionais fixos dispoñíbeis.

A esta situación estrutural engaden o aumento estacional de patoloxías respiratorias, “que previsibelmente acabará saturando tanto a atención primaria canto as urxencias hospitalarias”.

Lembra a plataforma que o servizo HADO segue sen ofrecerse na comarca, a pesar dos anuncios da Xunta, “A situación reflíctese no día a día do centro, onde se vive un ambiente de incerteza permanente. O persoal non sabe como programar as citas para atender toda a demanda, os médicos non poden garantir unha atención en tempo e forma, e moitos usuarios non saben onde acudir. O pasado venres 28, un paciente que non lograba conseguir cita pediu axuda ao seu médico no corredor. A resposta do profesional foi clara e dolorosamente ilustrativa: “Estamos dous de sete. Perdoa, pero non podo facer máis… e agora vou a un domicilio. Non te podo atender.”

Chantada quere Sanidade é unha plataforma veciñal creada en Chantada que agrupa persooas en defensa e mellora da sanidade pública en Chantada e Carballedo, así como na área sanitaria correspondente e no conxunto de Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...