HomesociedadeO Grupo Hotusa de Chantada selecciona os 50 mellores talentos

O Grupo Hotusa de Chantada selecciona os 50 mellores talentos

Os interesados no proceso de selección deberán rexistar a súa solicitude no portal de emprego Turijobs.com

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Hotusa de Chantada busca os mellores 50 mellores talentos en Galicia a través do portal de emprego Turijobs para integralos as súas oficinas de Chantada e nos diferentes hoteis pertencentes ao grupo empresarial.

O 12 de Xuño en Chantada e o 14 en Santiago celebraranse os eventos de selección Recruitment Open Day. Todos os demandantes de emprego que sexan seleccionados, terán unha cita cos responsabeis do departamento de Recursos Humanos. Deste xeito, Grupo Hotusa busca cubrir vacantes e diferentes departamentos; recepción, reservas, programación, cociña, sala, comercial e ventas entre outros moitos.

Segundo Grupo Hotusa, “o éxito dunha empresa reside no talento, a valía e a ilusión do seu equipo”. Dende a empresa seleccionarán a todos aqueles perfís que demostren unha gran confianza nas súas capacidades, interés por aceptar novos retos e sexan ambiciosos co fin de desenrolar carreira profesional na compañía hoteleira”.

Grupo Hotusa actualmente conta con 4.500 empregados e está posicionada como unha das principais compañías turísticas do país. A el pertencen, Hotusa Hotels, Keytel, Restel, Eurostars Hotel Company, Eurostars Hotels e Exe Hotels.

 

 

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...