HomeComarca de ChantadaChantadaMellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais de Chantada

Mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais de Chantada

As axudas da Consellería de Economía e Industria irán destinadas á instalación de xeotermia na Biblioteca Municipal e no edificio da Policía Local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Economía e Industria concedeu ao Concello de Chantada axudas para a mellora da eficiencia enerxética na Biblioteca Municipal e no edificio da Policía Local, onde se está a habilitar tamén a futura sede do Centro de Atención Temperá. As achegas suman un importe de 58.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou días atrás as instalacións xunto co alcalde, Manuel Lorenzo. “Os traballos, que están practicamente rematados, consistiron na execución do sistema de calefacción por xeotermia, incorporando solo radiante e bombas de calor coa potencia axeitada para cubrir a demanda dos distintos espazos”, informan dende a Xunta.

Os apoios son xestionados polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) con fondos europeos NextGeneration destinados a promover o desenvolvemento das enerxías renovables, reducir a demanda enerxética dos edificios e infraestruturas públicas, e diminuír a dependencia dos combustibles fósiles.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...