HomeEconomíaA actividade de Casa Macán segue suspendida á espera dunha nova inspección

A actividade de Casa Macán segue suspendida á espera dunha nova inspección

As autoridades sanitarias revisarán "canto antes" se a empresa láctea levou a cabo as melloras e correccións indicadas e comprometidas.

Publicado o

- Advertisement -

A actividade na empresa Casa Macán, situada no concello de Taboada, continúa suspendida por orde das autoridades sanitarias, á espera de que as instalacións da fábrica de produtos lácteos sexan sometidas a unha nova inspección por parte dos técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Fontes da propia Xunta de Galicia precisaron que, despois da inspección á que foron sometidas de novo as instalacións da fábrica o pasado venres, o propietario comprometeuse a “mellorar os espazos de produción” e a “corrixir as deficiencias detectadas” durante a fin de semana, co obxectivo de reiniciar canto antes a actividade.

Por tanto, a actividade da fábrica segue suspendida á espera de que se produza outra visita dos inspectores sanitarios para comprobar se eses traballos levaron a cabo de forma correcta, como paso previo á autorización para renovar a actividade.

Esa nova inspección realizarase, precisan as mesmas fontes, canto antes, para evitar que se prolongue no tempo a suspensión de actividade se realmente a fábrica de Taboada cumpre “os requisitos para retomar a produción con garantías”.

En todo caso, o propietario de Casa Macán, Eladio Rigueira, recoñeceu que a empresa quedou seriamente danada por esta situación e a súa imaxe de marca “moi deteriorada”. “Non creo que sexamos capaces de coller outra vez impulso”, lamentou o empresario.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...